Produtos destacados
100% galego
Certificado de calidade
Compromiso ecolóxico
Coidados animais
O noso gando
O noso gando
Contamos cunha granxa de cabras en flor, contan cunhas instalacións que proporcionan un ambiente óptimo de benestar. Facemos un correcto manexo e coidado na alimentación, 100% natural, xa que saen a pacer a diario, teñen herba ou palla seca e forraxe seca de avea.
A nosa queixería
Aquí elaboramos queixos con leite controlado e recén muxido. As análises sanitarias realízanse rutineiramente para conservar a máxima cualificación sanitaria, e poder traballar con leite cru e sen tratamentos.
O uso de leite de máxima calidade permítenos obter queixos artesanais de características especiais. Despois da elaboración, permítenos moldear de forma natural a casca dos queixos na nosa adega e conseguir así unha textura, sabor e aspectos únicos.
Historia
A queixería xorde do soño de darlle un valor engadido á vida no rural ourensano, poder realizar unha actividade relacionada coa natureza e vivir dela.
Temos unha ampla experiencia familiar na gandaría extensiva, temos terras agrícolas e de pastoreo, amamos os animais.